top of page

A Catedral de Tui


A Catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do rio miño. É sede da diocese de TUI-VIGO convertida en sede episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico , e foi finalizada cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, ano no que foi consagrada polo bispo Esteban Egea. En 1931 foi declarada ben de interes curtural. A COSTRUCIÓN DA CATEDRAL DE TUI A construción comezou no ano 1120, en estilo románico. Románica é a planta de cruz latina e a portada norte e tamén da época debe ser a primitiva sala capitular do século XII, que hoxe dá ao claustro. O edificio principal rematouse en estilo gótico (ou románico tardío), no que se fixeron as bóvedas e a porta principal. Este salto de estilos e a diferencia entre os muros de carga románicos e os remates góticos, moito máis altos do que nun principio estarían pensados motivou, a longo prazo problemas estruturais que tiveron que ser compensados coa colocación dos tirantes tan característicos desta catedral. Os primeiros tirantes colocáronse xa no século XV e os últimos, onde están os órganos, a primeiros do século XVIII. Hai que facer notar que, ademais dos tirantes da nave central, que son os máis visibles, bos parte dos arcos das naves laterais teñen tamén un reforzo que crea o curioso efecto de arcos. No seu interior destaca o retablo da Virxe da Expectación tamén destaca as reliquias de San Telmo o patrón de Tui.O claustro situado na parte central é o único gotico conservado nas catedrais galegas . Na capela maior , reformada no xvi alterando o seu aspecto romànico orixinal ,està situado , actualmente , o coro realizado en 1699 por Francisco Castro Canseco.

Featured Posts
Recent Posts
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
Archive
Search By Tags
No hay tags aún.
bottom of page