top of page

Xacemento do Alto dos Cubos


Hai importantes restos arqueolóxicos empezando polo Alto dos Cubos onde podemos observar diferentes castros.

O xacemento é de aproximadamente duns 290m por 80m é obsérvanse 3 líneas de murallas, que delimitan os mencionados recintos cara o noroeste, quedando os lados restantes protexidos por abruptas e pronunciadas pendentes.

O xacemento encádrase nun saínte longo e estreito na vertente sureste do monte Aloia, sendo un punto estratéxico dende o que se dominaba visualmente toda a zona do Baixo Miño.

O castro do Alto dos Cubos ubícase na parroquia de Pazos de Reis, no concello de Tui, na vertente sureste do parque natural do Monte Aloia, a uns 270m sobre o nivel do mar, e a 3km da cidade de Tui.

O asentamento disponse en dous niveles: un recinto superior,probablemente o principal, e outros dous recintos na pendente noroeste.

No xacemento tamén pódense ver distintos petroglíficos.A presenza destes gravados fai presumir que o home xa frecuenciaba este xacemento dende a Idade de Bronce ( 2000-800a.C ).Apareceron bastantes materiais de cerámica castrexa, tameń está presentada a cerámica romana e moedas romanas de distintas épocas.

Featured Posts
Recent Posts
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
Archive
Search By Tags
No hay tags aún.
bottom of page